;

Actualidade

imagen



Situado ó sur da provincia de Lugo, e lindando cos concellos de Paradela e O Incio polo norte, Monforte de Lemos e a Pobra do Brollón no sur, ó oeste limita con O Saviñao, e ó leste, de novo, cos concellos da Pobra do Brollón e O Incio, o Concello de Bóveda, con 92 qm², é un dos de menor extensión da provincia.

O Concello de Bóveda aséntase no rebordo setentrional da depresión terciaria de Monforte de Lemos, o que lle outorga unha configuración dual: o sector sureste está caracterizado por grandes chairas, bañadas polo río Mao, sen apenas elevacións destacadas. No resto da superficie do concello o relevo comeza a facerse montañoso, ainda que sen acadar grandes alturas, sendo o punto culminante a Serra de O Couso, con 689m de altitude.
A rede fluvial configúrase ó redor do río Mao, afluente do Cabe, e que recibe as augas do río Noceda.

O clima do concello pódese incluir dentro do oceáonico continental, caracterizado por precipitacións moderadas e temperaturas un tanto rigorosas. As precipitacións medias son de 930mm anuais e a temeprarura media anual sitúase nos 13ºC.

Con escasas saídas para o seu desenvolvemento económico derivadp, como na meirande parte dos concellos do sur da provincia de Lugo, da súa limitada ocupación industrial e diminución da actividade agrícola-gandeira, ata o de agora a máis representativa, a economía do Concello de Bóveda está volcándose fundamentalmente na construcción e o sector servizos.

As actividades primarias baséanse en explotacións gandeiras, principalmente explotacións de gando bovino, compatibilizando a orientación láctea e cárnica. Esta cabana complétase coa cría de porcino e ovino, menos numerosa, e adicada principalmente ó autoconsumo.
A actividade industrial concéntrase en varias industrias lácteas, cerámicas e de mobles.

No aspecto poboacional, o Concello de Bóveda presenta dende 1940 un declive provocado polo fenómeno migratorio a áreas urbanas industrializadas, contando na actualidade con 1824 habitantes.