PARQUE EMPRESARIAL
AXENDA

Historia

imagen


Durante o Antigo Réxime, as parroquias que integran o actual concello de Bóveda pertenceron as xurisdiccións da Pobra do Brollón, Guntín, Canedo, Somoza Maior de Lemos e ós cotos redondos de Bóveda, Ver e Vilalpape, todos da antiga provincia de Lugo, e a maior parte baixo o señorío do Conde de Lemos.


Co establecemento dos termos municipais pola Constitución de 1812, as parroquias de Bóveda, Martín, Ribas Pequenas, Ver e Vilalpape incluíronse no concello de Fiolleda, no partido de Monforte de Lemos, mentres as restantes quedaron adscritas ó concello de Guntín, no partido de Sarria. Derogada a Constitución no 1814 retomouse a administración señorial.
No Trienio Liberal (1821-1823) restablecéronse estes dous concellos, que foron adscritos á provincia de Lugo en 1822. Suprimida de novo a Constitución en 1823, houbo que agardar ata 1835 para a restauración da administración municipal, nacendo nesa data o concello de Somoza Maior de Lemos, nembargantes as parroquias do actual concello de Bóveda estaban incluidas nos municipios da Pobra do Brollón e Couto Vello.


Finalmente, o concello de Bóveda nace no ano 1840, formado polas parroquias que hoxe en día o compoñen. A reforma do 1840 foi desposta pola Xunta revolucionaria do Goberno Provisorio de Lugo, nunha circular de 9 de outubro, na que aparece o concello de Bóvedo, subsistindo o de Somoza Maior de Lemos ata a celebración de eleccións para a súa integración no de Bóveda.
Non houbo alteracións municipais dende 1845, se ben aumentóuse unha parroquia coa creación de Vilarbuxán, pasando de 13 a 14 parroquias, que agrupan un total de 52 entidades singulares de poboación. A capital municipal: Bóveda, ten título de vila, otorgado no ano 1907.


O topónimo Bóveda vai asociado á linaxe asentada neste lugar,antecesora dos Somoza. Foi o fillo de Don Arias López Somoza y Goyanes o fundador da casa solariega. Ós Marqueses de Bóveda pertence o pazo de Bóveda, datado no s.XVIII.
A principios do s.XX tiveron lugar en Bóveda unhas maniobras militares dirixidas polo Rei Alfonso XIII. A finalización de ditas maniobras acudiu o Rei, aloxándose no Pazo, e otorgando ó pobo de Bóveda o título de Vila.