PARQUE EMPRESARIAL
AXENDA

Monumentos

monumento

Capela do Ecce Homo

A Capela do Ecce Homo, situada na parroquia de Rubián, data do s.XVIII. Trátase dun edificio, de planta en “T”, con muros de mampostería en pizarra. A nave, con cuberta a dúas augas en madeira e pizarra, comunica coa capela maior, diferenciada desta en planta e alzado e con cuberta a catro augas, por un arco de medio punto en granito, e cunha capela lateral por outro arco de idénticas características.
O frontis está conformado pola porta principal, en arco redondo, sobre a que hai unha ornacina que alberga unha escultura en pedra do Ecce Homo, e unha torre cadrada, formando o campanario, con catro vanos e abundante decoración rococó; todo esto, xunto coas portas, fiestras, e cornixa, realizado en granito. Sobre outra porta, no lateral norte, hai unha inscrición: ESTA CAPILLA HIZOSE DE LIMOSNA SIENDO VICARIO DON DIEGO GVITIAN AÑO DE 1782